luns, 25 de novembro de 2024

Creación colectiva polo 25 N

O alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria quixo reinvidicar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cunha actividade moi especial: a creación dun mural colectivo na cancela exterior do centro para sensibilizar a toda a comunidade educativa. O obxectivo foi visibilizar este problema social e transmitir unha mensaxe de igualdade, respecto e non violencia.

Botádelle un ollo! 💜



25 N | A historia das irmás Mirabal

Este 25 de novembro o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria quixo render unha especial homenaxe ás irmás Mirabal cun traballo gravado na radio do centro.  A través da voz dos nenos e nenas puidemos revivir a forza e determinación destas mulleres que, a pesar do perigo, non calaron fronte á opresión.

O obxectivo deste traballo foi non só coñecer máis sobre estas figuras históricas, senón tamén reflexionar sobre como a violencia de xénero segue presente hoxe e que papel podemos ter na súa eliminación.

Convidámosvos a que escoitedes a súa historia. Grazas a todos e a todas! 💜


25 N | Carteis contra a violencia

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria traballou con moito esforzo e creatividade na elaboración duns carteis que transmiten unha mensaxe clara: Non á violencia de xénero.

Predomina a cor morada e os símbolos de igualdade e forza. Frases como "O amor non doe ou "Basta xa brillan con letras grandes e chamativas, acompañadas de debuxos que van desde mans abertas que representan un "alto" á violencia ata palabras como "respecto", "igualdade" e "liberdade".

Nas aulas xurdiron interesantes debates ao redor da importancia de identificar e previr calquera tipo de violencia. Falouse de como pequenos xestos poden marcar a diferenza e da necesidade de construír relacións baseadas no respecto e a igualdade.

Xuntos/as, construímos un futuro máis xusto e igualitario. 💜

Mirade que ben lles saíron! 💜














25 N | Vivan as uñas de cores

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria realizamos un traballo a partir do libro Vivan as uñas de cores, de Alicia Acosta e Luis Amavisca. Este conto axudounos a reflexionar sobre a importancia de ser nós mesmos e de non deixar que os prexuízos ou estereotipos nos limiten.

Durante a semana, lemos o libro na clase e debatemos sobre os valores de igualdade, respecto e liberdade que transmite. A historia de Xan rompe coa norma de “as uñas pintadas son só para nenas” e serviunos para falar sobre como moitas veces a sociedade impón roles de xénero que poden ser opresivos e, incluso, acabar en actitudes discriminatorias ou violentas.

Como actividade final, cada alumno/a decorou unhas mans de papel moi coloridas para lembrar que o respecto é a base dunha sociedade máis xusta.

Mirade que ben nos quedaron! 💜









25 N | De que cor é un bico?

Hoxe, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a profe Nuria preparou unha incrible sesión de contacontos para os nenos e nenas de Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria. Escolleu o libro De que cor é un bico?, de Rocio Bonilla, para falar de valores tan importantes como o respecto, a igualdade e a empatía.

A historia de Minimoni, unha nena moi curiosa e creativa, axudounos a reflexionar sobre as emocións e os prexuízos que, ás veces, asociamos a cores ou situacións.

A través desta actividade, quixemos promover unha mensaxe clara: nun mundo onde todas as cores son importantes, a igualdade e o respecto son esenciais para construír unha sociedade sen violencia. Porque, ao fin e ao cabo, ¿de que cor é un mundo sen medo? 💜

Os nenos e nenas de infantil tamén fixeron uns bonitos corazóns.

Aquí podedes ver unha pequena mostra do ben que o pasamos.

Moitas gracias profe Nuria 💜










martes, 5 de novembro de 2024

Benvidos e benvidas a... DONAS DE SI!

 

A sociedade galega enfróntase ao reto de superar as desigualdades de xénero que aínda persisten en moitos ámbitos, a pesar dos avances conseguidos nas últimas décadas. Neste blog pretendemos visibilizar o papel das mulleres, tanto no pasado como no presente, destacando a súa contribución ao desenvolvemento da sociedade e sensibilizando sobre a necesidade de traballar pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Este é un espazo para a reflexión, pero tamén para a acción. Comezamos este proxecto ao que estades convidados a participar. 

Xuntos podemos facer que cada pequeno xesto conte e que, entre todos e todas, contribuamos a construír un futuro máis xusto e igualitario.

Avante!