O luns 16 e xoves 19 de xuño, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou nunha actividade moi esperada: fixemos dous tramos do Camiño de Santiago! Foi unha saída lúdico-recreativa, organizada pola titora de 4º-5º, o titor de 6º e o especialista de Educación Física, coa intención de desfrutar dunha xornada de convivencia, movemento e contacto coa natureza. 🌿☀️
Durante a camiñata, compartimos conversas, risas e moitos
pasos. Foi unha ocasión perfecta para fomentar o traballo en equipo, o
respecto e a igualdade entre todas e todos. Sen competicións, sen diferenzas.
Todas as nenas e nenos tiveron o seu espazo, o seu ritmo e o seu protagonismo.
Nesta actividade, a igualdade fíxose presente de forma
natural: camiñamos en grupo, acompañándonos e apoiándonos ao longo do traxecto.
Non fixemos distincións nin roles marcados, e iso axuda a construír unha
convivencia máis xusta, onde cada persoa conta e suma.
Foi unha maneira diferente e fermosa de pechar este
espazo no noso blogue, agradecendo todo o aprendido e vivido ao longo do curso.
💜
Ningún comentario:
Publicar un comentario