luns, 25 de novembro de 2024

25 N | De que cor é un bico?

Hoxe, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a profe Nuria preparou unha incrible sesión de contacontos para os nenos e nenas de Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria. Escolleu o libro De que cor é un bico?, de Rocio Bonilla, para falar de valores tan importantes como o respecto, a igualdade e a empatía.

A historia de Minimoni, unha nena moi curiosa e creativa, axudounos a reflexionar sobre as emocións e os prexuízos que, ás veces, asociamos a cores ou situacións.

A través desta actividade, quixemos promover unha mensaxe clara: nun mundo onde todas as cores son importantes, a igualdade e o respecto son esenciais para construír unha sociedade sen violencia. Porque, ao fin e ao cabo, ¿de que cor é un mundo sen medo? 💜

Os nenos e nenas de infantil tamén fixeron uns bonitos corazóns.

Aquí podedes ver unha pequena mostra do ben que o pasamos.

Moitas gracias profe Nuria 💜










Ningún comentario:

Publicar un comentario