O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria realizamos un traballo a partir do libro Vivan as uñas de cores, de Alicia
Acosta e Luis Amavisca. Este
conto axudounos a reflexionar sobre a importancia de ser nós mesmos e de non
deixar que os prexuízos ou estereotipos nos limiten.
Durante a semana, lemos o libro na clase e debatemos
sobre os valores de igualdade, respecto e liberdade que transmite. A historia
de Xan rompe coa norma de “as uñas pintadas son só para
nenas” e serviunos para falar sobre como moitas veces a sociedade impón roles de
xénero que poden ser opresivos e, incluso, acabar en actitudes
discriminatorias ou violentas.
Como actividade final, cada alumno/a decorou unhas mans
de papel moi coloridas para lembrar que o respecto é a base dunha sociedade máis xusta.
Mirade que ben nos quedaron! 💜
Ningún comentario:
Publicar un comentario