A sociedade galega enfróntase ao reto de superar as
desigualdades de xénero que aínda persisten en moitos ámbitos, a pesar dos
avances conseguidos nas últimas décadas. Neste blog
pretendemos visibilizar o papel das mulleres, tanto no pasado como no
presente, destacando a súa contribución ao desenvolvemento da sociedade e sensibilizando sobre a necesidade de traballar pola igualdade de oportunidades
entre homes e mulleres.
Este é un espazo para a reflexión, pero tamén para a acción. Comezamos este proxecto ao que estades convidados a participar.
Xuntos podemos facer que cada pequeno xesto conte e que, entre todos e todas, contribuamos a construír un futuro máis xusto e igualitario.
Avante!
Ningún comentario:
Publicar un comentario