O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria traballou con moito esforzo e creatividade na elaboración duns carteis que transmiten unha mensaxe clara: Non á violencia de xénero.
Predomina a cor morada e os símbolos de igualdade e forza. Frases como "O amor non doe” ou "Basta xa”
brillan con letras grandes e chamativas, acompañadas de debuxos que van desde
mans abertas que representan un "alto" á violencia ata palabras como
"respecto", "igualdade" e "liberdade".
Nas aulas xurdiron interesantes debates ao
redor da importancia de identificar e previr calquera tipo de violencia.
Falouse de como pequenos xestos poden marcar a diferenza e da necesidade de
construír relacións baseadas no respecto e a igualdade.
Xuntos/as, construímos un futuro máis xusto e igualitario. 💜
Mirade que ben lles saíron! 💜
Ningún comentario:
Publicar un comentario