Na aula de Audición e Linguaxe botamos man do alfabeto Montessori
para iniciar, desenvolver e afianzar os distintos sons e letras que
compoñen a nosa linguaxe oral e escrita.
Así mesmo, decidimos compartir dito alfabeto co resto da
comunidade educativa mediante a elaboración dun sinxelo mural e, de paso,
ofrecer información sobre a figura da pedagoga italiana María Montessori.
Para isto, xunto ao mural, colocamos unha breve
descrición/código QR desta figura onde se destaca o seu mérito académico por
ser unha das primeiras mulleres italianas en obter o título de Medicina, así
como o enfoque educativo innovador que deseñou e desenvolveu, coñecido a
día de hoxe como “Método Montessori”, para o logro dun desenvolvemento
integral de aprendizaxe.
Actualmente, a influencia das investigacións desta
pedagoga quedan patentes nas máis das 22.000 escolas Montessori repartidas
por todo o mundo e no feito de poder contar nas nosas aulas con alfabetos de
madeira, recunchos de aprendizaxe e/ou pósters coloridos.
Para rematar, agradecer ao persoal de cociña do noso cole os recursos que nos deixaron e que fixeron posible a decoración das distintas letras!💜
Ningún comentario:
Publicar un comentario