Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita de Manuela
Varela, coñecida como Manuela Contacontos que realizou unha sesión de contacontos para o alumnado de EI e EP.
Con un toque de maxia, en “Princesas non, grazas” tratouse
de desmitificar os roles e estereotipos de xénero a través dos contos: Hai
algo máis aburrido que ser unha princesa de cor rosa?, no que a Princesa
de cor rosa se revela contra o que a sociedade na que vive lle impón e, a través
do conto, Cando as nenas voan alto, descubrimos xunto ás protagonistas
que todos os obstáculos que lles impiden ser o que elas desexan proveñen dunha
terrible desigualdade que lles di o que teñen que ser.
Manuela ensinounos que as princesas teñen voz propia, deciden o seu destino e demostran que non necesitan un príncipe para ser felices ou vivir grandes aventuras. A través das súas historias, convidounos a mirar máis aló das ideas preconcibidas e a valorar a importancia de que nenos e nenas poidan imaxinar futuros sen límites.
Moitas grazas a Manuela por esta experiencia inspiradora. Esperamos que as súas historias nos sigan animando a romper estereotipos e a construír un mundo máis igualitario.💜
Moitas grazas ao Equipo de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega por facer isto posible.💜
Ningún comentario:
Publicar un comentario