O 8 de marzo celebramos o Día
Internacional da Muller, unha data na que lembramos as loitas das mulleres
ao longo da historia, así como a importancia de seguir traballando pola
igualdade real entre mulleres e homes. Para conmemorar este día, realizamos
unha actividade que consiste na elaboración duns carteis que se colocaron nas
portas das aulas, para que todos e todas os que entremos nas clases recordemos
a importancia da igualdade e a loita polos dereitos das mulleres.
Cada cartel está dedicado a unha muller que, de distintas
maneiras, deixou a súa pegada na historia: deportistas, presentadoras, raíñas... Mulleres que, co seu esforzo e valentía,
conseguiron abrir camiños para as que viñeron despois.
O alumnado de 1º e 2º de EP homenaxearon a Teresa Rabal, unha muller que deixou unha gran pegada na cultura galega. Os máis pequenos/as aprenderon máis sobre a súa vida e o seu legado.
O alumnado
de 3º EP fixo un cartel sobre a xogadora de fútbol Alexia Putellas,
destacando a súa carreira e logros. No cartel, resáltanse os seus éxitos co FC
Barcelona e a súa importante contribución á selección española.
O alumnado de 4º e 5º EP homenaxeou a Ana Peleteiro, atleta galega especializada en triple salto que destaca por ser unha das mellores saltadoras de España. Peleteiro é unha gran defensora da igualdade de xénero no deporte e na sociedade.
O alumnado de 6º EP fixo un cartel sobre Cleopatra, unha das figuras máis coñecidas da historia antiga debido á súa intelixencia, beleza e capacidade política.
Ningún comentario:
Publicar un comentario