Hoxe tocou outro “venres de conto” con motivo do 8M!
As profes de EI organizaron unha sesión de contacontos dirixida ao alumnado de
Infantil, na que traballaron a importancia da igualdade de xénero. Para isto,
escolleron o conto Daniela Pirata, de Susanna Isern, que promove
valores de igualdade, superación e respecto, e que axuda aos pequenos e
pequenas a comprender que non existen roles predeterminados para ninguén,
independentemente do seu xénero.
Daniela é unha
nena que, a pesar de ser considerada "diferente" por ser unha nena
pirata, loita polos seus soños e demostra que pode ser tan valente e libre
como calquera neno. Durante a actividade, fixeron que os nenos e nenas
reflexionaran sobre o que significan a valentía, a liberdade e o respeto.
Foi unha xornada no que todos e todas aprendemos a ser un
pouco máis libres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario