Con motivo do Día Internacional da Muller (8M),
o alumnado de EI, EP e ESO participou
nunha actividade colectiva para concienciar sobre a igualdade de
xénero. A proposta consistiu en
formar no patio unha figura humana para visibilizar a loita das
mulleres pola igualdade de dereitos e oportunidades. Para isto, cada alumno/a levaba unha cartolina violeta co
símbolo feminista e a data 8M simbolizando a unidade e o compromiso coas
mulleres de todo o mundo. A imaxe resultante foi captada desde as alturas,
creando unha instantánea chea de forza e mensaxe. Foi unha maneira
creativa e divertida de implicar ao alumnado en valores como a igualdade, o
respecto e a solidariedade.
Mirade que ben quedou a fotografía! 💜
Ademais, creouse unha playlist especial en Spotify, chea de cancións que falan da igualdade de xénero. Esta música puido escoitarse durante todo o día no centro. Podedes botarlle un ollo no seguinte enlace.
https://open.spotify.com/playlist/3EdoJF2ZuI6RHY6OqkT5Cw?si=O37oYwDfQseI8JKidbQDNQ
Gracias a todo o profesorado pola súa colaboración! 💜
Ningún comentario:
Publicar un comentario