Hoxe, 24 de febreiro, achegámonos á figura de Rosalía de
Castro, un referente na literatura galega e unha muller que loitou polo
recoñecemento da nosa cultura e pola mellora da situación das mulleres. Con
motivo desta data o alumnado de EI, EP e 1º-2º da ESO creou un xardín que busca
render homenaxe á escritora e, ao mesmo tempo, visibilizar o papel das mulleres
na sociedade.
O alumnado decorou unha flor (engadindo información e
poemas da autora) que, xuntas, formaron un xardín na entrada do centro. Cada
flor simboliza a forza de Rosalía e a súa capacidade para loitar, crear e transformar
a súa realidade.
Queremos que este xardín se converta nun espazo simbólico
onde as flores representen a forza das mulleres, creando un legado de
visibilidade, recoñecemento e igualdade para todos e todas.
Que vos parece?

Ningún comentario:
Publicar un comentario