Con motivo do Día da Muller
e a Nena na Ciencia, no Obradoiro de estimulación da linguaxe oral,
desenvolvido pola especialista de Audición e Linguaxe, leváronse a cabo unha
serie de actividades para coñecer a vida e obra da científica Marie Curie.
Para isto, primeiro
introducíronse os conceptos de ciencia e
científica facendo unha
chuvia de ideas sobre que podía significar e o que non, seguida dun vídeo no
cal se explicaban, de forma amena e clara, ambos termos.
Aquí tedes o enlace do vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=v5Bgwbv5miQ
Logo, apoiándonos noutro vídeo, coñecemos os esforzos e barreiras que Marie Curie tivo que superar para poder estudar, os importantes descubrimentos que fixo sobre elementos químicos como o radio e o polonio, os importantes premios que gañou así como a paixón que sempre demostrou polo seu traballo e polas ciencias.
Enlace do vídeo sobre Marie Curie: https://www.youtube.com/watch?v=oXNFH8G8XOo
Tamén contamos cunhas tarxetas de vocabulario coas que repasamos as palabras que mellor describen a esta científica. Por exemplo: lupa, gafas, laboratorio...
E, para rematar, coloreamos uns debuxos para poder recordar a celebración
desta data e despois poder compartir coa familia as aprendizaxes sobre
a ciencia e o papel
da muller na mesma.
Velaquí, vos mostramos algunhas imaxes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario