Hoxe o noso centro encheuse de música e emoción grazas a unha proposta moi especial que nos chegou da man da Consellaría de Política Social e Igualdade para conmemorar as Letras Galegas 2025. Este ano, o 17 de maio está dedicado á poesía popular e ás cantareiras, mulleres que foron voz do pobo e protectoras da tradición oral galega. 💜📖
O
alumnado de EI e EP gozou dunha sesión de contacontos ilustrado baseado
no libro Cantareiras. A poesía popular nas Letras Galegas 2025,
unha homenaxe ás mulleres que transmitiron a nosa cultura de xeración
en xeración. A sesión estivo conducida por:
🧔♂️ Quique, de Polo Correo do Vento, foi o encargado de narrar a historia cunha posta en escena chea de sentimento pola nosa lingua.
🎨 A ilustradora Tania Solla acompañou
o relato debuxando en tempo real dúas cantareiras, o que deixou ao alumnado
abraiado.
🥁 A pandereteira Patricia Faro puxo
a banda sonora co seu talento e enerxía, facendo soar a pandeireta.
Ademais, realizamos un obradoiro de debuxo guiado por
Tania Solla sobre a figura dunha cantareira. Mirade algúns
exemplos!
Esta actividade foi unha forma de recoñecer o valor das mulleres na nosa cultura, de reivindicar a súa presenza na historia e na tradición, e de lembrar que a igualdade tamén se traballa desde as aulas, desde o respecto polo que fomos e polo que queremos ser como sociedade. 💜
Durante a sesión, algúns nenos/as animáronse a cantar.
Mirade ben que ben o fan!
Ningún comentario:
Publicar un comentario