Hoxe, grazas ao departamento de música do centro, o alumnado de Educación Primaria foi ao teatro para gozar da obra A teteira de Kabul. A súa protagonista é Mina, unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar debido ás consecuencias da guerra. Xunto á súa familia comeza unha longa viaxe na que, a pesar das dificultades, vai descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira. A personaxe de Mina está inspirada na vida da escritora afgá Nadia Ghulam.
Esta obra amósanos unha realidade marcada pola desigualdade de xénero, poñendo o foco nas vidas e loitas das mulleres en contextos de opresión. Ademais, permítenos reflexionar sobre os dereitos das mulleres, a discriminación e a importancia de dar voz a quen historicamente foi silenciado.
Botádelle
un ollo ás imaxes e ao vídeo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario