Hoxe o
alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria tivo a gran
sorte de asistir a outra sesión de contacontos organizada pola profe Nuria para
conmemorar o Día Internacional da Paz e Non Violencia. Desta vez o libro
elixido foi A guerra dos números, de Juan Darién, para
reflexionar sobre a importancia de construír un mundo onde as diferenzas sumen
e nunca dividan.
Igual
que no libro os números aprenden a convivir, nós tamén debemos aprender a sumar
esforzos para garantir que as mulleres ocupen o lugar que lles corresponde en
todos os ámbitos da sociedade. Por iso, nesta data tan importante unificamos
paz e igualdade, porque só traballando xuntos conseguiremos construír unha
sociedade máis xusta para todas as persoas.
Moitas gracias a profe Nuria! 💜
Mirade
que contacontos máis guai tivemos!

Ningún comentario:
Publicar un comentario